Xuñ 102017
 2017-06-10T11:13:55+00:00

Audiovisual  dirixido  por  Encarna Otero.

Proxección  e  coloquio  12  de  xuño,  ás  20:30

Espazo Enocultural Vide-Vide.  Rúa Fonte do Santo Antonio 10. Santiago

En 1939, a Brea era unha das grandes minas de volframio de todo o mundo. Os aliados e o Eixe competían por mercar o volfram, un material imprescindíbel para o armamento usado na II Guerra Mundial. En Fontao traballaron perto de 5000 persoas, bastantes delas presos políticos antifranquistas. E, ademais do oficial, existiu un mercado de extraelo co cal os homes e mulleres desa zona procuraban aliviar as penurias que estaban a padecer. Nel as mulleres desenvolveron un papel importante. A elas non se lles permitía entrar nas galerías nin na fábrica, mais fixeron traballos como lavado e separación do mineral e outros de tipo auxiliar. En A luz do negro recóllense as testemuñas de Juventina Blanco Rodríguez, Jose Parcero Silva, Celsa Vázquez Fernández, Visita Pérez López e Pura Villanueva Varela.1280px-Minas_de_Volframio_da_Brea,_Fontao,_Vila_de_Cruces

 

http://www.culturagalega.org/avg/produccion.php?Cod_prdccn=11608