Conversa con Iolanda Aldrei

 Posted by at 22:44 on 18/06/2017  Arte
Xuñ 182017
 2017-06-18T22:44:13+00:00

iolanda

xoves 22 de xuño ás 20:30 na libraría Lila de Lilith, rúa travesa nº7 , Santiago 

Presentación: Verónica Martínez       Actuación musical: Miguel Alonso

Iolanda Aldrei forma parte do “Colectivo Literario a Porta Verde” e ten publicado en solitario, entre outros, os libros Memória de nove luas (1994), Grimório Azul de Samaná (2011) e O segredo de Sheela na Gig (2017). Xunto con outras/os poetas participou en numerosas obras colectivas, algunhas delas cun claro sentido de denuncia; Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto ou Aldeas sen voz son un exemplo da súa preocupación polo noso patrimonio cultural e polo ecosistema,

Ademais, neste faladoiro a tamén poeta Verónica Martínez daranos a súa visión da produción lírica de Iolanda e o cantautor Miguel Alonso interpretará varios poemas que musicou desta escritora agora convidada a esta conversa.