| Clube de Cinema Dixital da A.C. O Galo |
| As mellores películas en formato dixital |
| Cinema Dixital |
|
 |
Queres ver cinema actual en galego e de balde?
A Asociación Cultural O Galo convidate a asistir aos nosos ciclos de cinema, formados por longametraxes, curtas e animación nos que poderás descubrir novas formas de expresión audivisual e películas que nunca verás nunha sala comercial.
Neste outono pasado realizamos un Ciclo de Cinema Galego, con proxeccións todos os luns e todos os xoves e grande asistencia de público.
Agora temos programados un Ciclo de Cinema Cubano, na semana do 9 ao 15 de febreiro, e outro Ciclo de Cinema Árabe, durante o resto de febreiro e marzo.
Consulta a programación de ambos ciclos para ir reservando tempo.
|
|
|