Arte no Galo
Actividades artísticas na A.C. O Galo
Exposición e Talleres de Arte

A relación da Asociación Cultural O Galo co mundo do Arte ven desde a súa creación como asociación e á súa presentación pública alá polos anos sesenta.

Foi coa exposición "Mostra de 20 pintores galegos" no Hostal dos Reis católicos, no ano 1961. Desde aquela, a nosa asociación mantivo sempre unha comunicación directa coas diferentes escolas artísticas da cidade e de Galiza para dar a coñecer ao público as novidades expresivas.

Nesta nova xeira, imos continuar con esta relación levandoa máis alá da simple sala de exposicións, abrindo o Arte Galego ao mundo a través de Internet e axudando á promoción de novos artistas e a novas vías de manifestación cultural.

Tamén organizaremos talleres de creación, cursos de pintura e todo tipo de actividades formativas para axudar a que todo aquel que estexa interesado poda dar renda solta ás súas inquietudes creativas.

E non te esquezas de visitar a nosa Galeria