SomoS, máis Teatro no Galo
Enviado por [galo] A.C. O Galo en 12/03/2009 - 14:01
O Conxunto Baldeiro, Grupo de Teatro da A.C. O Galo, apresenta a súa nova obra o próximo venres 13 de marzo ás 21horas
O Conxunto Baldeiro, Grupo de Teatro da A.C. O Galo, apresenta a súa nova obra o próximo venres 13 de marzo ás 21horas. Como é habitual, a representación terá lugar no noso Local Social, sito na Rua Patio de Madres, 15 baixo.
Trátase dunha obra vangardista, de non moi longa duración (tres cuartos de hora) pero repleta de xiros e sorpresas. É unha obra feita por xente nova, pero dirixida a todos os públicos. É unha obra que vos gustará.
Estades convidados a asistir