Enviado por [galo] A.C. O Galo en 05/02/2009 - 23:58
Este luns, 9 de febreiro ás 20.30 comeza o ciclo de Cinema Cubano da A.C. O Galo. Este ciclo é a continuación do Ciclo de Cinema Galego que tivo lugar nos meses de outubro, novembro e decembro e que foi un éxito despois da súa gran acollida de público.

Dito luns, 9 de febreiro ás 20.30 no local da nosa asociación (Patio de Madres 15, Baixo) terá lugar a presentación do Ciclo de Cinema Cubano a cargo de Don Alejandro Fuentes, cónsul da República de Cuba en Galiza, que dará unha conferencia sobre a situación actual de Cuba e concretamente sobre os feitos históricos nos que se asentan os filmes que se van proxectar.
Así. o martes 10 ás 20.30 proxectarase El Brigadista (1983) de Octavio Cortázar. O mércores 11 ás 20.30 proxectarase Kangamba (2008) de Rogelio París. E o xoves 12, ás 20.30 proxectarase Memorias del subdesarrollo (1961) de Tomás G. Alea.
Máis información pinchando aquí