Actividades

Exposicións, concertos, presentacións de libros, roteiros e moito máis. Actividades culturais organizadas pola Asociación Cultural O Galo en Santiago de Compostela

Conversa con Iolanda Aldrei

Conversa con Iolanda Aldrei

xoves 22 de xuño ás 20:30 na libraría Lila de Lilith, rúa travesa nº7 , Santiago  Presentación: Verónica Martínez       Actuación musical: Miguel Alonso Iolanda Aldrei forma parte do “Colectivo Literario a Porta Verde” e ten publicado en solitario, entre outros, os libros Memória de nove luas (1994), Grimório Azul de Samaná (2011) e O segredo de […]

"A luz do negro" O volframio da Brea e o poboado do Fontao

“A luz do negro” O volframio da Brea e o poboado do Fontao

Audiovisual  dirixido  por  Encarna Otero. Proxección  e  coloquio  12  de  xuño,  ás  20:30 Espazo Enocultural Vide-Vide.  Rúa Fonte do Santo Antonio 10. Santiago En 1939, a Brea era unha das grandes minas de volframio de todo o mundo. Os aliados e o Eixe competían por mercar o volfram, un material imprescindíbel para o armamento usado na II Guerra Mundial. En […]

O Monte Galego. Caos ou aproveitamento multifuncional?

O Monte Galego. Caos ou aproveitamento multifuncional?

Mércores 31 de maio ás 20:30h no Espacio Enocultural Vide-Vide. Rúa da Fonte de Stº Antonio, nº 10. Santiago  con Alberte Blanco, Xosé Carballido e Tereixa Paz, tres dos autores deste libro, Alfredo Súarez Canal, o autor do limiar é Xoan Costa, presidente de Sermos Galiza, editora do libro. Debate e a presentación do estudo O Monte Galego. Caos ou aproveitamento multifuncional?  Analízase  as políticas […]

"Galegocalantes e galegofalantes" Carlos Callón

“Galegocalantes e galegofalantes” Carlos Callón

O martes 16 de maio ás 20:30 Carlos Callón presentará o seu último libro “Galegocalantes e galegofalantes” na Libraría Pedreira, Rúa do Home Santo 55 en Santiago. Estará acompañado por Marcos Maceiras, presidente de A Mesa e Mercedes Espiño, profesora e membro da A.C. O Galo. 

Andaina a favor das persoas refuxiadas

Andaina a favor das persoas refuxiadas

A AC. O Galo colabora coa Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), na marcha para lembrar as persoas refuxiadas que, obrigadas pola fame e as guerras, percorren quilómetros en busca dun acubillo, a maioría das veces, sen garantías de ser minimamente humanitario. A iniciativa está organizada pola Fundación Eira, Médicos do Mundo e […]

Non des a esquecemento de Luís Bará Torres

Non des a esquecemento de Luís Bará Torres

Xoves 27 de abril ás 19:30,  presentamos unha investigación sobre a memoria histórica da autoria de Luis Bará no salon de actos do Museo das Peregrinacións (Praza Praterías) co autor e Carme Vidal e a actuación musical de Mini.

'Na casa da avoa', de Marta Dacosta

‘Na casa da avoa’, de Marta Dacosta

O martes 25 de abril ás 20:00 presentaremos ‘Na casa da avoa’, de Marta Dacosta, publicado pola editorial Galaxia. A poeta estará acompañada por Alicia Fernández, poeta e libreira da Chan da Pólvora, Mª Antonia Pérez Rodríguez, d’O GALO Asociación Cultural e Francisco Castro, director da Editorial Galaxia.

Visita guiada ao pazo Quinteiro da Cruz

Visita guiada ao pazo Quinteiro da Cruz

Sábado 8 de abril  visitamos os magníficos xardíns do pazo de Quinteiro da Cruz en  Ribadumia os seus viñedos e o súa pequena fragua. Deseñounos na 2ª metade do s. XIX o paisaxista francés Dorgambide e entre 1975-80, Victoriano Piñeiro encargouse de revitalizar a flora e a vexetación autóctona das terras do pazo. Neste xardíns medran distintas especies de plantas, sendo de sinalar as mas […]

Rostros de Carlos Maside

Rostros de Carlos Maside

Visita guiada a Rostros  xoves 2 de marzo ás 19h na Casa do Cabildo, Praza das Platerías. Esta mostra está formada por case un centenar dos debuxos que Carlos Maside fixo para reproducir en xornais nos que colaborou durante 1920 e 1930, entre eles “Nueva España”, “El Pueblo Gallego” ou “Faro de Vigo”. Son retratos de persoeiros destacados […]

As contas que nos contan

As contas que nos contan

Presentación do libro “As contas que nos contan”do economista Xosé Díaz . O acto tamén contará co economista e presidente do xornal Sermos Galiza Xoan Costa e Ruben Cela, Concelleiro do BNG no Concello de Santiago  martes 7  de marzo ás 20:15 no Espazo Etnocultural Vide-Vide (Rúa Fonte do Stª Antonia, nº 10. Santiago).