Asóciate

 Posted by at 12:00 on 05/02/2013
 2013-02-05T12:00:46+00:00

O GaloPara a Agrupación Cultural O Galo a participación é un elemento clave na cultura dunha sociedade. Unha sociedade participativa aprenderá das suas propias experiencias e as incorporará ao seu bagaxe de coñecemento.

Queremos fomentar a participación en todos os eidos da vida e, como non podería ser doutro xeito, tamén dentro da nosa propia asociación. Por iso, abrímosche as portas e ofrecémosche a nosa voz para alzarmos xuntos este canto co que O Galo pretende convocar unha nova alborada.

Estar asociado á Agrupación Cultural O Galo dáche ademais varias vantaxes:

  • Terás prioridade nas actividades que requiran reserva e teñan límite de prazas, como excursións en autobús que non poden superar certo número de persoas.
  • Terás descontos nas actividades, de xeito que ao cabo do ano podas recuperar a tua cuota nos descontos que recibirás.
  • Terás todos os dereitos que derivan da condición de socio e participarás na toma de decisións dentro da asociación.
  • Terás a satisfacción de colaborar cunha asociación que leva máis de cincuenta anos facendo cultura desde a base en Santiago de Compostela.

Temos duas cuotas establecidas, en función da túa situación laboral

Ocupación Cuota anual
Traballador en activo 50€
Desempregado/Estudante/Xubilado 20€

Se estás interesado en asociarte, cubre o formulario que tes a continuación e porémonos en contacto contigo. Se non estás totalmente convencido, podes subscribirte ao noso boletín e iremosche informando das actividades que realicemos

Nome e apelidos(obrigatorio)

Email (obrigatorio)

DNI (obrigatorio)

Telefono (obrigatorio)

Cuota (obrigatorio)

Se queres facer algún comentario, aproveita este momento

Es unha persoa ou un robot?
captcha