Aviso legal

 Posted by at 22:45 on 07/06/2014
 2014-06-07T22:45:47+00:00

En cumprimento do establecido no artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSICE), infórmase que este website é titularidade da Agrupación Cultural O Galo (en adiante, O Galo), con domicilio social na avenida de Lugo nº 2A, entresolo A, 15702 Compostela, teléfono 635107360, enderezo electrónico web@acogalo.net e C.I.F G15055015.

A páxina web d’O Galo ten, como obxectivos concretos, facilitar á sociedade galega, na Galiza e no mundo, e á sociedade en xeral, información sobre as actividades realizadas polo Galo para conquerir os seus fins sociais

O acceso á páxina web implica a aceptación das condicións contidas no presente aviso, polo que no caso de non estar conforme con algunha das devanditas condicións, deberase cesar na utilización desta páxina web.

Condicións de utilización da páxina web:

Acceso á páxina web

Certas partes do web atópanse restrinxidas para o seu uso exclusivo aos administradores do sistema ou membros da directiva mediante a utilización dun nome de usuario e contrasinal. Os demais usuarios/as da páxina web poden acceder ás seccións públicas da mesma, debendo absterse de intentar acceder ás seccións restrinxidas.

Funcionamento e contido

O Galo resérvase o dereito de realizar en todo momento, e sen necesidade de aviso previo aos usuarios/as do web, as actualizacións e modificacións que consideren oportunas tanto na información contida como na estrutura da páxina, así como a facultade de cambiar as condicións de acceso ao portal.

Igualmente o O Galo non se fai responsable dos posibles fallos de comunicación, non podendo garantir por iso o funcionamento continuo e a dispoñibilidade de acceso á páxina web. Nestes casos, o O Galo realizará o máis axiña posible todas aquelas actuacións que teñan por fin solucionar os erros mencionados.

Política de Privacidade e Protección de Datos

Nesta sección exponse a política de privacidade que regula o uso do servizo do sitio web que O Galo pon a disposición dos usuarios/as de internet, sobre a información de carácter persoal que pode facilitar cando visite a nosa páxina web. O obxectivo da corporación/asociación é protexer a información en internet, do mesmo xeito que é protexida nos demais medios.

Uso e Tratamento de datos de carácter persoal

En cumprimento do establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (en diante LOPD), O Galo infórmalle de que os datos de carácter persoal proporcionados mediante a cumprimentación dos correspondentes formularios de rexistro electrónico contidos no portal, así como aqueles datos aos que a Agrupación Cultural O Galo acceda como consecuencia da súa navegación, serán incorporados nos arquivos automatizados da entidade, podendo exercitar o seu dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento dos seus datos nos termos e condicións previstos máis abaixo, no apartado 3º.

En cumprimento da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, (en diante LSSICE) a Agrupación Cultural O Galo non enviará por correo electrónico comunicacións publicitarias que non sexan autorizadas polos/as usuarios/as.

Por outra banda, mediante o rexistro dos datos, o/a usuario/a outorga o seu consentimento ao tratamento dos mesmos coas finalidades sinaladas (recoller ou achegar información, presentar apoios).

Naqueles casos onde sexa necesario cumprimentar un formulario e picar no botón de enviar, a súa realización implicará necesariamente que foi informado (en virtude do artigo 5 LOPD) e, no seu caso, outorgou o correspondente consentimento (a tenor do artigo 6 LOPD) ao contido da cláusula anexada ao formulario e á presente política de privacidade.

O/a usuario/a deberá cubrir os formularios con datos verdadeiros, exactos, completos e actualizados, sendo informado nese mesmo momento daqueles datos de obrigada cumprimentación (*) e as súas consecuencias en caso de non facelo. Así mesmo, coa aceptación, recoñece que a información e os datos persoais recollidos son exactos e veraces.

Rogamos comunique de forma inmediata ao Galo calquera modificación dos seus datos de carácter persoal, co fin de que a información contida nos arquivos estea en todo momento actualizada e non conteña erros ou desactualizacións.

Medidas de Seguridade

A Agrupación Cultural O Galo infórmalle de que ten implantadas as medidas de seguridade de índole técnica e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos seus datos de carácter persoal e evitar a súa alteración, perda e tratamento e/ou acceso non autorizado, tendo en conta do estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos a que están expostos, xa proveñan da acción humana ou do medio físico ou natural. Todo iso, de conformidade co previsto no artigo 9 da LOPD e no Real Decreto 994/1999, de 11 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Medidas de Seguridade dos Arquivos Automatizados que conteñan Datos de Carácter Persoal (RMS).
Exercicio de dereitos: Acceso, Rectificación, Cancelación e Oposición
Aquelas persoas físicas que faciliten os seus datos ao Galo poderán dirixirse á Agrupación Cultural O Galo, na súa calidade de responsable do arquivo, co fin de poder exercitar gratuitamente os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición respecto dos datos incorporados nos seus arquivos.

Dado o carácter confidencial da información, vostede non poderá exercitar os seus dereitos telefonicamente, debido a que este medio non permite acreditar a identidade como titular dos datos rexistrados.

O interesado poderá exercitar os seus dereitos mediante comunicación por escrito dirixida ao Secretario do Galo, con domicilio social na avenida de Lugo 2A, entresolo A, 15702 Compostela coa seguinte referencia na súa carta: “Exercicio de dereitos” (xunto á súa solicitude escrita e asinada, deberá acreditar a súa personalidade aportando fotocopia do D.N.I).

Ligazóns

A páxina corporativa ofrece ligazóns a outros website que poden resultar do seu interese. Aínda que a Agrupación Cultural O Galo trata de asegurar que os website de terceiros cumpran os estándares adecuados en seguridade, non podemos garantir o cumprimento da normativa vixente en protección de datos nos mesmos.

A Agrupación Cultural O Galo non asume ningún tipo de responsabilidade, nin sequera de forma indirecta ou subsidiaria, polos danos e prexuízos de toda clase que puidesen derivarse do acceso, mantemento, uso, calidade, licitude, fiabilidade e utilidade dos contidos, informacións, comunicacións, opinións, manifestacións, produtos e servizos existentes ou ofrecidos nos sitios web non xestionados polo Galo e que resulten accesibles a través do portal d’O Galo.

Modificación da política de privacidade

A Agrupación Cultural O Galo resérvase o dereito a modificar a súa Política de Privacidade, de acordo ao seu propio criterio, ou motivado por un cambio doutrinal da Axencia Española de Protección de Datos, lexislativo ou xurisprudencial. Calquera modificación da Política de Privacidade será publicada polo menos dez días antes da súa efectiva aplicación. O uso do web logo dos devanditos cambios, implicará a aceptación destes.

Propiedade Intelectual

Todo o contido da presente páxina, incluíndo as súas imaxes, gráficos, texto, e todo tipo de datos, son propiedade da Agrupación Cultural O Galo, así como o código fonte, o deseño e a estrutura da páxina. O Galo ten en exclusiva o exercicio dos dereitos de reprodución, distribución, modificación e comunicación dos mesmos, así como todos os dereitos de explotación en calquera das súas formas.

Todo o contido da páxina atópase protexido pola normativa en materia de propiedade intelectual e industrial, e a posible consulta ou descarga de material da páxina non leva consigo en ningún caso a cesión de ningún tipo de dereito sobre a propiedade intelectual ou industrial do citado material ou contido.

Non se permitirá a visualización, descarga e impresión dos contidos da páxina web se se realiza con fins publicitarios ou comerciais, ou para a súa distribución, comunicación pública ou modificación e, en xeral, nos casos nos que devanditos actos sexan incompatibles cos fins desta páxina. No resto dos casos, debe procederse a citar a fonte.

Toda a información que os usuarios da páxina web poidan facilitar, tales como suxestións, propostas, etc… considérase recibida e cedida a título gratuíto, polo que se prega que se absteñan de enviar toda aquela información que non teña o citado carácter.

Responsabilidade

O Galo non se fai responsábel, en ningún caso, dos danos e prexuízos que puideran orixinarse, tanto de forma directa como indirecta, da falta de lectura e inobservancia do presente aviso legal. Igualmente, tampouco se fai responsable do uso indebido da páxina web nin do material, contido e servizos que figuren na mesma.