Quen somos?

 Posted by at 13:34 on 03/01/2013
 2013-01-03T13:34:16+00:00

Somos do GaloA Agrupación Cultural O Galo é unha asociación de Santiago de Compostela, formada por veciños e veciñas de distintos barrios e parroquias, con intereses diversos pero cos obxectivos comúns de fomentar e pór en valor a creación cultural galega, de divulgar a nosa historia e coñecer os lugares onde se produciron os principais feitos históricos así como os protagonistas dos mesmos, de pór en marcha e participar en variadas iniciativas sociais que pretenden mellorar a calidade das nosas vidas, de pór en debate os asuntos máis destacados que nos afectan como pobo, de achegar a realidade social e cultural de outros pobos do mundo para promover o respecto á diversidade e ser capaces de apreciar a sua riqueza.

Somos un grupo de xente activa que pensa que unha sociedade máis culta é unha sociedade máis libre. Somos das que cren que unha sociedade coñecedora da súa historia está capacitada para evitar cometer os mesmos erros. Somos das que traballamos para que o noso patrimonio arqueolóxico sexa coñecido e recoñecido no seu contexto, dos que o defenden das agresións e o desleixo que o amenazan. Somos xente sinxela que sabe que coa organización e o traballo en equipa se poden acadar logros complexos. Somos persoas que queremos un mundo con igualdade, que non igual, no que os distintos pobos podan expresar a súa cultura con liberdade. Somos, en definitiva, xente como ti, que simplemente dá o paso de xuntarse a traballar en positivo polo ben común.

Convidámoste a partillar con nós este proxecto aberto.

Se che interesa recibir información da nosa asociación no teu correo electrónico, subscríbete á nosa revista