Mai 132017
 2017-05-13T18:41:55+00:00
"Galegocalantes e galegofalantes" Carlos Callón

O martes 16 de maio ás 20:30 Carlos Callón presentará o seu último libro “Galegocalantes e galegofalantes” na Libraría Pedreira, Rúa do Home Santo 55 en Santiago. Estará acompañado por Marcos Maceiras, presidente de A Mesa e Mercedes Espiño, profesora e membro da A.C. O Galo. 

Coloquio: Por unha lingua de calidade

 Posted by at 09:28 on 22/04/2015  Actividades, Debates, Língua
Abr 222015
 2015-04-22T09:28:58+00:00
Coloquio: Por unha lingua de calidade

O vindeiro mércores 29 de abril ás 20.30h na Libraría Pedreira organizamos un debate e coloquio “por unha lingua de calidade “. Neste debate contaremos coa participación de Xosé Ramón Freixeiro Mato, Goretti Sanmartín Rei, Eduardo Sanches Maragoto e Carlos Callón, e estará moderado por Marcos Maceira. Mellorar a calidade lingüística As catro persoas participantes […]

Abr 142015
 2015-04-14T08:59:23+00:00
Roteiro Amigos e Sodomitas

Este xoves 16 de abril colaboramos coa Asociación Ultreia LGTBI na organización do roteiro Amigos e Sodomitas, realizando un percorrido pola homosexualidade na Idade Media para o que contaremos coa guía de Carlos Callón. O roteiro terá a súa saída ás 19h na Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa 7) e recorrerá as rúas da […]

Dec 052012
 2012-12-05T13:18:38+00:00
Presentación de "Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez"

O vindeiro xoves 13 de natal ás 20h terá lugar, no Centro  Sociocultural do Ensanche, o primeiro acto público de presentación do libro de Carlos Callón “Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez”. Contaremos coa presenza do autor, Carlos Callón, o director de Xerais, Manuel Bragado, e a lingüista Luz Cures. Podedes […]

Abr 042011
 2011-04-04T22:28:44+00:00
Recital poético polo 950º aniversario do primeiro matrimonio homosexual documentado en Galiza

O día 16 de abril do ano 1061 pasará á historia como o primeiro acto de unión oficial entre dous homes, Pedro Díaz e Muño Vandilaz, na parroquia de Santa María de Ordes, en Rairiz de Veiga. A vindeira semana, xaquelogo, faranse os 950 anos da institucionalización deste emparellamento homosexual, realizado por motivos de afecto […]

Dec 112010
 2010-12-11T14:03:16+00:00

O Xoves, 16 de Decembro, ás 10.30 nos Xulgados de Fontiñas (Rua Viena, Santiago de Compostela) estades convocados á concentración de apoio a Carlos Callon, chamado a a declarar despois de que o xuíz decano da Coruña, Antonio Fraga Mandián, o denunciase por un presunto “delito de calumnias e inxurias”. O motivo desta denuncia foron […]

Nov 042010
 2010-11-04T13:28:33+00:00
Presentación do libro "En castellano no hay problema"

O próximo día 9 de novembro realizaremos a presentación do libro “En castellano no hay problema”, da autoría de Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. O libro aborda a problemática para os galego-falantes e rebate as falacias utilizadas polos defensores da supremacía do castellano Tal e como o describe a editora Cun título […]