A Fronteira Infinda

 Posted by at 17:40 on 27/01/2017  Arte
Xan 272017
 2017-01-27T17:40:59+00:00
A Fronteira Infinda

Organizamos unha visita guiada este sábado 28 de xaneiro ás 19:30h á mostra A Fronteira Infinda que se pode ollar nos locais da Fundación ABanca situados na praza Cervantes en Santiago. Nela ollaremos obras de Castelao, Seonae, Colmeiro,  Laxeiro, Botello, Granell, Maruja Mallo, Pailós, Díaz Pardo, Molezun, Labra, Tino Grandio, Manpaso, Leopoldo Novoa e outros pintores […]

Abr 162015
 2015-04-16T12:23:55+00:00
Continuamos coa ILP Castelao

A Agrupación Cultural o Galo e Asociación Cultural e Musical Solfa realizarán a inauguración da exposición das Estampas da Guerra de Castelao o venres 17 de abril ás 20h no Centro Sociocultural das Fontiñas, que se poderá visitar até o sábado 24 de abril. Coincidindo coa apertura desta exposición levarase a cabo un acto que […]

Feb 142015
 2015-02-14T20:27:09+00:00
Actos de apoio á ILP Castelao en Compostela

A Agrupación Cultural O Galo, como parte integrante da Federación Galiza Cultura, colabora na organización dunha serie de actos de apoio á ILP Castelao que esta entidade promove xunto con outras organizacións sociais, como a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, A Mesa pola Normalización Lingüística ou a CIG-Ensino Podedes descargar aquí o texto completo desta Iniciativa Lexislativa […]

Xan 092015
 2015-01-09T17:33:02+00:00
ILP Castelao

A federación de asociacións culturais Galiza Cultura, da que O Galo fai parte, xunto outras entidades entre as que se atopan a Mesa pola Normalización Lingüística ou a CIG-Ensino botamos a andar unha Iniciativa Lexislativa Popular sobre o dereito ao coñecemento e á contemplación da obra de Castelao polo pobo galego Un amplo programa de […]

Xul 232012
 2012-07-23T10:58:12+00:00

Aquí tedes unha galería cunha serie de fotografías realizadas por distintos participantes no acto. Se tedes máis fotos, enviadenolas por correo, facebook, twitter ou google+ [nggallery id=7] Tamén foi recollido polo xornal Sermos Galiza. Podedes ver aquí a nova : http://www.sermosgaliza.com/artigo/memoria/alba-de-gloria-de-novo-no-pico-sacro/20120722015053003492.html   Os amigos da A.C. Vagalumes publicaron un video resumo da actividade :

Xul 192012
 2012-07-19T10:05:50+00:00
Leitura do "Alba de Gloria" no Pico Sacro

A Federación Galiza Cultura celebra unha lectura conxunta do ‘Alba de Gloria’ cun roteiro polo Pico Sacro en vésperas do Día da Patria Galega •    As asociacións culturais galegas renden así homenaxe a Castelao lembrando e retomando unha tradición coa que simbolizan a espera dunha alba de gloria para Galiza e a súa cultura •   […]

Ago 012011
 2011-08-01T10:34:00+00:00

Este video, elaborado pola Asociación Cultural Vagalume, contén a leitura do Alba de Gloria de Castelao e a charla impartida in situ por un compañeiro da Agrupación Cultural O Galo sobre a historia, mitos e lendas sobre o Pico Sacro e a súa simboloxia no imaxinario colectivo da nación galega

Xul 202011
 2011-07-20T11:48:14+00:00

Deixámosvos agora unha galería de fotos da exposición de estampas de Castelao que  a nosa asociación organizou na Praza do Toural de Santiago de Compostela. Coincidindo cos 75 anos do inicio do levantamento militar fascista, O Galo quixo lembrar e estar ao carón das persoas oprimidas, e denunciar aos opresores, herdeiros dos fascistas de antes […]

Xul 182011
 2011-07-18T22:42:28+00:00
Leitura pública da Alba de Gloria de Castelao no Pico Sacro

  Diante da desfeita cultural que sufrimos, da que o roubo do Códice Calixtino non é máis que o colmo do abandono e desprezo que padece o noso patrimonio e os bens materiais e inmateriais que forxaron a nosa conciencia colectiva, a federación de asociacións culturais GALIZA CULTURA, da que O Galo forma parte, vai celebrar o vindeiro sábado 23 de […]

Xul 142011
 2011-07-14T18:43:32+00:00
Exposición das Estampas de Guerra de Castelao

O GALO EN COLABORACIÓN COA EDLG DA EOI DE SANTIAGO, EXPORÁ AS ESTAMPAS DE GUERRA DE CASTELAO. A exposición inaugurarase cun acto a segunda feria (luns) 18 de xullo ás 12.00 no Toural O ano 1936 iniciárase con grandes esperanzas para o pobo galego: en febreiro a vitoria da Frente Popular (da que facían parte […]