Mai 302015
 2015-05-30T22:36:03+00:00
Encontro de creación literaria con Xurxo Souto

Este sábado 6 de xuño desde as 12h, Xurxo Souto participará nunha auténtica gala das letras que organizamos na Granxa do Xesto, no monte Pedroso, para despedir o obradoiro de creación literaria deste curso. Entregaremos o II Premio Kikiricontos, teremos un coloquio sobre creación literaria e remataremos cun xantar, con festa e foliada. Xurxo Souto, […]

Mai 252015
 2015-05-25T08:27:16+00:00
Encontro de creación literaria con Marta Dacosta

Marta Dacosta conversará co alumnado do noso Obradoiro de Creación Literaria o sábado 30 de maio ás 12h na Libraría Lila de Lillith, nun acto gratuíto e aberto a todos os públicos. Marta Dacosta colabora de novo co Obradoiro de Creación Literaria O 3 de xuño do ano 2013 Marta Dacosta participou nun encontro sobre […]

Coloquio: Por unha lingua de calidade

 Posted by at 09:28 on 22/04/2015  Actividades, Debates, Língua
Abr 222015
 2015-04-22T09:28:58+00:00
Coloquio: Por unha lingua de calidade

O vindeiro mércores 29 de abril ás 20.30h na Libraría Pedreira organizamos un debate e coloquio “por unha lingua de calidade “. Neste debate contaremos coa participación de Xosé Ramón Freixeiro Mato, Goretti Sanmartín Rei, Eduardo Sanches Maragoto e Carlos Callón, e estará moderado por Marcos Maceira. Mellorar a calidade lingüística As catro persoas participantes […]

Mar 092015
 2015-03-09T08:59:30+00:00
Encontro de Creación Literaria con Lois Diéguez

Lois Diéguez estará o vindeiro sábado 14 de marzo ás 12h na Libraría Couceiro para un encontro co alumnado do Obradoiro de Creación Literaria da Agrupación Cultural O Galo que será aberto a todas as persoas interesadas en mellorar a súa escrita e coñecer os pequenos trucos cos que autores e autoras coñecidas tecen as […]

Feb 142015
 2015-02-14T20:27:09+00:00
Actos de apoio á ILP Castelao en Compostela

A Agrupación Cultural O Galo, como parte integrante da Federación Galiza Cultura, colabora na organización dunha serie de actos de apoio á ILP Castelao que esta entidade promove xunto con outras organizacións sociais, como a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, A Mesa pola Normalización Lingüística ou a CIG-Ensino Podedes descargar aquí o texto completo desta Iniciativa Lexislativa […]

Xan 032015
 2015-01-03T17:29:56+00:00
Encontro de creación literaria con Xosé Neira Vilas

Xosé Neira Vilas estará con nós o sábado 17 de xaneiro ás 12h na Libraría Couceiro, para compartir os seus coñecementos e experiencias co alumnado do Obradoiro de Creación Literaria e todas aquelas persoas interesadas en escoitalo. Xose Neira Vilas O escritor do libro máis lido da historia da literatura galega, as coñecidísimas Memorias dun […]

Xuñ 032014
 2014-06-03T11:06:00+00:00
Encontro de Creación Literaria con Marica Campo

O venres 13 de xuño ás 18h na Libraría Couceiro, Marica Campo participará nunha conferencia sobre creación literaria organizada pola nosa asociación. Deste xeito, continuamos axudando a toda a xente interesada en crear e contar historias a atopar espazos de interlocución con autores e autoras con obra xa publicada, que poidan transmitir a súa experiencia, […]

Abr 032014
 2014-04-03T13:09:23+00:00
Encontro de Creación Literaria con Suso de Toro

O sábado 26 de abril ás 12h, no Auditorio do CSC de Conxo, Suso de Toro participará nunha conferencia sobre creación literaria organizada pola nosa asociación. Continuamos así ofrecendo ao alumnado dos distintos grupos do noso obradoiro de creación literaria a posibilidade de intercambiar opinións con escritores e escritoras con obra xa publicada, que poidan […]

Xuñ 042011
 2011-06-04T13:13:22+00:00
Conferencia de Manuel Gago : "Repúblicas de homes libres"

O vindeiro martes 14 de xuño Manuel Gago ofrecerá unha conferencia no noso local social que versará sobre as “Repúblicas de Homes Libres” concepto que o autor está popularizando ao longo da xeografía galega. Do seu blog extraemos o seguinte texto, que pode servir de introducción desta conferencia   Na magnífica tese de doutoramento “La […]

Nov 122010
 2010-11-12T13:55:31+00:00

O Galo organiza unha conferencia o vindeiro mércores 17 de novembro ás 20h no seu local social, continuando coa sua labor de divulgación, promoción e defensa do patrimonio histórico compostelán Descubre no Galo que hai detrás dos últimos achados arqueóloxicos en Santiago a cargo de – Olga Pedreira e – María Goretti González Vila ( […]