Set 102015
 2015-09-10T17:00:49+00:00
Obradoiro de Creación Literaria 2015-2016

A Agrupación Cultural O Galo inicia un novo ano académico do obradoiro de creación literaria 2015-2016, dirixido a todas aquelas persoas que teñan inquedanzas tanto pola escrita como pola lectura. A nosa idea é axudar a todas as persoas que por calquera razón aínda non se atreveran a mostrar o/a escritor/a que levan no seu […]

Mai 302015
 2015-05-30T22:36:03+00:00
Encontro de creación literaria con Xurxo Souto

Este sábado 6 de xuño desde as 12h, Xurxo Souto participará nunha auténtica gala das letras que organizamos na Granxa do Xesto, no monte Pedroso, para despedir o obradoiro de creación literaria deste curso. Entregaremos o II Premio Kikiricontos, teremos un coloquio sobre creación literaria e remataremos cun xantar, con festa e foliada. Xurxo Souto, […]

Mar 092015
 2015-03-09T08:59:30+00:00
Encontro de Creación Literaria con Lois Diéguez

Lois Diéguez estará o vindeiro sábado 14 de marzo ás 12h na Libraría Couceiro para un encontro co alumnado do Obradoiro de Creación Literaria da Agrupación Cultural O Galo que será aberto a todas as persoas interesadas en mellorar a súa escrita e coñecer os pequenos trucos cos que autores e autoras coñecidas tecen as […]

Xan 032015
 2015-01-03T17:29:56+00:00
Encontro de creación literaria con Xosé Neira Vilas

Xosé Neira Vilas estará con nós o sábado 17 de xaneiro ás 12h na Libraría Couceiro, para compartir os seus coñecementos e experiencias co alumnado do Obradoiro de Creación Literaria e todas aquelas persoas interesadas en escoitalo. Xose Neira Vilas O escritor do libro máis lido da historia da literatura galega, as coñecidísimas Memorias dun […]

Set 292014
 2014-09-29T18:10:00+00:00
Obradoiro de creación literaria 2014-2015

A Agrupación Cultural O Galo inicia un novo ano académico do obradoiro de creación literaria 2014-2015, dirixido a todas aquelas persoas que teñan inquedanzas tanto pola escrita como pola lectura. A nosa idea é axudar a todas as persoas que por calquera razón aínda non se atreveran a mostrar o/a escritor/a que levan no seu […]

Xuñ 172014
 2014-06-17T09:56:10+00:00
Encontro de creación literaria con Luz Fandiño

O sábado 21 de xuño ás 12h na Libraría Pedreira, Luz Fandiñó participará nunha conferencia sobre creación literaria organizada pola nosa asociación. Con esta conferencia poñemos fin, agora si, á participación de autoras con obra xa publicada, que poidan transmitir a súa experiencia a toda a xente interesada en crear e contar historias e a […]

Xuñ 032014
 2014-06-03T11:06:00+00:00
Encontro de Creación Literaria con Marica Campo

O venres 13 de xuño ás 18h na Libraría Couceiro, Marica Campo participará nunha conferencia sobre creación literaria organizada pola nosa asociación. Deste xeito, continuamos axudando a toda a xente interesada en crear e contar historias a atopar espazos de interlocución con autores e autoras con obra xa publicada, que poidan transmitir a súa experiencia, […]

Abr 032014
 2014-04-03T13:09:23+00:00
Encontro de Creación Literaria con Suso de Toro

O sábado 26 de abril ás 12h, no Auditorio do CSC de Conxo, Suso de Toro participará nunha conferencia sobre creación literaria organizada pola nosa asociación. Continuamos así ofrecendo ao alumnado dos distintos grupos do noso obradoiro de creación literaria a posibilidade de intercambiar opinións con escritores e escritoras con obra xa publicada, que poidan […]

Mar 112014
 2014-03-11T10:56:05+00:00
Encontro de Creación Literaria con Paco Castro Alvaredo

O sábado 15 ás 12h no CSC de Conxo, teremos un Encontro de Creación Literaria con Paco Castro Alvaredo, autor da novela ‘Nunha presa de Terra’. Desde principio de curso, a A.C. O Galo organiza un Obradoiro de Creación Literaria en distintos centros socioculturais de Santiago de Compostela, aos que se lle suman os que […]