Feb 142015
 2015-02-14T20:27:09+00:00
Actos de apoio á ILP Castelao en Compostela

A Agrupación Cultural O Galo, como parte integrante da Federación Galiza Cultura, colabora na organización dunha serie de actos de apoio á ILP Castelao que esta entidade promove xunto con outras organizacións sociais, como a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, A Mesa pola Normalización Lingüística ou a CIG-Ensino Podedes descargar aquí o texto completo desta Iniciativa Lexislativa […]

Xan 212015
 2015-01-21T08:44:03+00:00
Exposición: "Coma silvas que comen muros"

A Agrupación Cultural O Galo organiza no CSC de Conxo a exposición “Coma silvas que comen muros” de Iván Merayo, que se poderá visitar entre o Sábado 31 de Xaneiro e o venres 20 de febreiro desde ano. Coma silvas que comen muros Este proxecto expositivo pretende rescatar unha historia, como moitas outras, silenciada. É […]

Nov 292014
 2014-11-29T21:25:21+00:00
Exposición "A Nación Galega en Pé. 50 anos da fundación da UPG"

Neste 2014 cúmprense 50 anos da fundación da Unión do Povo Galego e con este motivo a Fundación Bautista Álvarez e a Agrupación Cultural O Galo, coa colaboración coa Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC, decidiron promover unha mostra arredor desas cinco décadas. A exposición, baixo o nome ‘A Nación galega en […]

Mai 162014
 2014-05-16T15:13:20+00:00
Visita guiada á obra cerámica de Díaz Pardo

A Agrupación Cultural O Galo organiza unha visita guiada á exposición ‘A vangarda das formas. Obra cerámica de Isaac Díaz Pardo’ o vindeiro sábado 24 de Maio ás 13h no Museo do Pobo Galego, onde se realiza esta exposición mercé á colaboración desta institución coa Rede Museística provincial de Lugo. A obra cerámica de Díaz […]

Mar 192014
 2014-03-19T13:16:47+00:00
Visita guiada a 'Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre'

O sábado 29 de abril ás 12:15h, O Galo fará unha visita guiada á exposición ‘Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre’ que se exhibe nos locais da Fundación Caixagaliza sitos na rúa do Vilar nº 19 de Santiago. Explicará a mostra unha guia de exposicións con grande coñecemento da obra de Carlos Maside […]

Feb 282014
 2014-02-28T19:16:34+00:00
Visita á mostra "Técnicas e artes do gravado" na Cidade da Cultura

A sexta feira (venres) 7 de marzo a Agrupación Cultural O Galo organiza unha visita guiada gratuíta e con explicación da mostra “TÉCNICAS E ARTES DO GRAVADO”, por parte do seu comisario D. Daniel Buxán. Nesta mostra pódense atopar obras de artistas tan importantes como Rembrandt, Castelao, Picasso, Laxeiro, Tolouse-Lautrec, Maside, Manet, Seoane,… así como […]

Xan 222014
 2014-01-22T09:33:18+00:00
Exposición 'Con viño e arte' de Nolo Suárez

O artista compostelán Nolo Suárez preséntanos a súa nova exposición ‘Con viño e arte’ Será a partir deste venres 24 de Xaneiro ás 20.30h no Espazo Enocultural Vide, Vide!, cun acto de inauguración no que participarán Marcos Maceira, presidente da A.C. O Galo, Martiño Santos, responsábel do Vide Vide, e o propio autor, Nolo Suárez. […]

Out 312013
 2013-10-31T13:26:34+00:00
Exposición 'Palabras no Balcón' en Área Central

Comezou a andar o pasado 4 de outubro unha iniciativa cultural que nos pareceu interesante e coa que queremos colaborar: a Feira das Culturas en Area Central. Organizada polos Editores de Compostela coa colaboración de distintas asociacións e produtores culturais interesados en dar en coñecer o seu traballo, celébrase en Área Central os primeiros sábados […]

Out 262013
 2013-10-26T14:35:05+00:00
O Carrabouxo vai de viños ao Vide Vide

Desde o próximo martes 29 de outubro, O Carrabouxo continuará o seu percorrido por Santiago de Compostela facendo unha das cousas das que máis gosta: tomar uns viños. Será no Vide Vide, o espazo enocultural de Santiago de Compostela, onde xa o esperan coas botellas abertas para recibilo como se merece: cun bo grolo dun […]

Out 212013
 2013-10-21T09:35:39+00:00
Inaugurada a exposición 'Carrabouxo: Non publicados'

O pasado mércores 2 de outubro inaugurouse a exposición itinerante ‘Carrabouxo: Non publicados’ no CSC das Fontiñas, para o que contamos coa presenza de Xose Lois González, o seu autor, e para o que dispuxemos dun pequeno audiovisual que serviu para introducirnos no personaxe. Falounos a seguir o Xose Lois do proceso de creación desta […]