Out 212013
 2013-10-21T09:35:39+00:00
Inaugurada a exposición 'Carrabouxo: Non publicados'

O pasado mércores 2 de outubro inaugurouse a exposición itinerante ‘Carrabouxo: Non publicados’ no CSC das Fontiñas, para o que contamos coa presenza de Xose Lois González, o seu autor, e para o que dispuxemos dun pequeno audiovisual que serviu para introducirnos no personaxe. Falounos a seguir o Xose Lois do proceso de creación desta […]

Xuñ 122013
 2013-06-12T09:04:05+00:00
Crónica e galería do encontro de creación literaria con Marta Dacosta

Concluimos o Obradoiro cun Encontro de Creación Literaria A convidada para pór o punto final a este obradoiro foi Marta Dacosta, que acaba de gañar o premio Johán Carballeira co seu libro Dun lago escuro. Ela mesma preparou unha Escolma de Poemas seus, para falarnos do que ela entende por proceso de creación literaria, de […]

Mai 292013
 2013-05-29T13:49:11+00:00
Galería da presentación de "Infiltrados" de Afonso Eiré, "Pucheiro"

O pasado 7 de maio, Afonso Eiré “Pucheiro” presentounos na Libraría Pedreira o seu novo libro Infiltrados. Os servizos secretos, a UPG e outras historias do nacionalismo. Marcos Maceira, secretario do Galo, comezaba a presentación recalcando a necesidade de valorarmonos a nós mesmos dende o movemento nacionalista, sendo o libro un exemplo claro da pouca […]

Mai 242013
 2013-05-24T13:46:15+00:00
Cronica e galería do encontro de creación literaria con Manuel Portas

O pasado seis de maio estivo con nós o escritor e profesor Manuel Portas para continuar co obradoiro de Creación Literaria A pesar de que a choiva non animaba moito a saír da casa, xuntámonos na Biblioteca Ánxel Casal un grupiño de persoas para escoitar as súas verbas sobre o mundo da creación literaria e […]

Mai 202013
 2013-05-20T13:14:59+00:00
Crónica e galería do San Erwan 2013

Onte, 19 de maio, entre as 18:30 e as 22:00, celebramos no Espazo Cultural Nave de Vidán en Santiago de Compostela o San Erwan / Saint Yves, Día de Bretaña. Achegámonos á cultura desta nación europea desde a gastronomía, a música e o baile. Comezamos cun obradoiro de danza tradicional (an dro, hanter dro, plinn, […]

Abr 112013
 2013-04-11T09:26:01+00:00
Galería do encontro de creación literaria con Teresa Moure

A Agrupación Cultural o Galo contou o día tres de abril coa presenza da prestixiosa escritora Teresa Moure. Ninguén mellor que Teresa Moure, autora dunha obra variada e orixinal, para falar diante do alumnado do Obradoiro de Creación Literaria da arquitectura que se esconde nunha novela, nun relato ou mesmo nun guión. Para falar de […]

Mar 252013
 2013-03-25T09:57:47+00:00
Galería do roteiro polo Alto Ulla cos "Herdeiros pola forza"

O pasado sábado 16 de marzo realizamos un roteiro polo Alto Ulla que incluía a presentación do libro “Herdeiros pola forza”. Comezamos cun xantar na Eira da Xoana, con pouquiñas personas que tivemos a oportunidade de receber xa unha pequena introducción do que viría logo, acompañados dunhas viandas realizadas por nós mesmos e compartida entre todos […]

Mar 132013
 2013-03-13T19:09:27+00:00
Galería do debate "Galiza diante do seu futuro"

O pasado 7 de marzo organizamos un debate co título “Galiza diante do seu futuro” Neste debate participaron representantes de distintos partidos políticos e do principal sindicato galego para analizar as causas da crise económica e achegar alternativas ao debate cidadán. Interviron Xose Constenla de Anova, Rubén Cela do Bloque Nacionalista Galego, Joam Antom Gonçalvez […]

Mar 072013
 2013-03-07T08:49:53+00:00
Galería do Roteiro Rosalía de Compostela

O pasado 23 de febreiro realizamos un roteiro polos lugares máis destacados na vida de Rosalía de Castro en Santiago de Compostela O roteiro partiu da Praza de Vigo, onde estaba a casa onde naceu Rosalía de Castro, aínda que o lugar exacto xa non existe e é descoñecido. Leronse uns textos de Carvalho Calero […]

Xan 282013
 2013-01-28T11:23:19+00:00
Galería da Manifestación "Pola lingua que nos une"

Onte participamos da manifestación “Pola lingua que nos une”, convocada por Queremos Galego. Todo comezou ás 11.15 cando as persoas do servizo de orde se reuniron no palco da música para organizar determinados aspectos, repartir material, aclarar o itinerario, etc. Xa pasadas as 12 da mañá arrancou a manifestación, guiada polo cabezudo de Wert bailando […]