Non des a esquecemento de Luís Bará Torres

 Posted by at 16:58 on 25/04/2017  Historia
Abr 252017
 2017-04-25T16:58:22+00:00
Non des a esquecemento de Luís Bará Torres

Xoves 27 de abril ás 19:30,  presentamos unha investigación sobre a memoria histórica da autoria de Luis Bará no salon de actos do Museo das Peregrinacións (Praza Praterías) co autor e Carme Vidal e a actuación musical de Mini.

Abr 032016
 2016-04-03T16:41:00+00:00
Palestra-Presentación do Monográfico de Murguía

Palestra-Presentación do Monográfico de Murguía Revista galega de Historia sobre as Irmandades da Fala Venres 8 de abril de 2016 ás 20:30 na librería Couceiro de Santiago (Praza Cervantes 10) Murguía Intervirán Xusto G. Beramendi catedrático emérito da Univ. de Santiago e Uxío-Breogán Diéguez, doutor pola Univ. de Barcelona e profesor na da Coruña. Ambos fan […]

Dec 122015
 2015-12-12T21:33:26+00:00
Presentación-debate  UN CESTO DE MAZÁS

                                           Presentación-debate UN CESTO DE MAZÁS Xoves, 17 de decembro ás 20h na libraria Couceiro. Pl. Cervantes Montse Fajardo, volve cun novo traballo de memoria oral en Galiza, centrado nas vítimas do golpe de Estado do 36. Un cesto de mazás, recolle dezaseis historias de vítimas directas e das que son consideradas como tal. Un […]

Mai 122015
 2015-05-12T10:12:46+00:00
Proxección do documental "O Piloto"

O sábado 23 de maio ás 20.30, no Salón Teatro de Santiago de Compostela, proxectaremos o documental “O Piloto” que entra na vida do que foi o último guerrilleiro contra o franquismo 50 anos despois do seu asasinato perto do Encoro de Belesar. O Piloto Xosé Luís Castro Veiga, coñecido popularmente como O Piloto, foi […]

Xan 212015
 2015-01-21T08:44:03+00:00
Exposición: "Coma silvas que comen muros"

A Agrupación Cultural O Galo organiza no CSC de Conxo a exposición “Coma silvas que comen muros” de Iván Merayo, que se poderá visitar entre o Sábado 31 de Xaneiro e o venres 20 de febreiro desde ano. Coma silvas que comen muros Este proxecto expositivo pretende rescatar unha historia, como moitas outras, silenciada. É […]

Nov 292014
 2014-11-29T21:25:21+00:00
Exposición "A Nación Galega en Pé. 50 anos da fundación da UPG"

Neste 2014 cúmprense 50 anos da fundación da Unión do Povo Galego e con este motivo a Fundación Bautista Álvarez e a Agrupación Cultural O Galo, coa colaboración coa Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC, decidiron promover unha mostra arredor desas cinco décadas. A exposición, baixo o nome ‘A Nación galega en […]

Ago 122013
 2013-08-12T09:35:37+00:00
Homenaxe a Ánxel Casal

O vindeiro luns 19 de agosto, ás 12.30h na Rua do Vilar 15, entidades sociais, culturais e políticas renderemos homenaxe a Ánxel Casal, activista cultural, editor e primeiro alcalde nacionalista de Santiago de Compostela, cuxo corpo sen vida apareceu o 19 de agosto de 1936 nun foxo da estrada de Cacheiras xunto tras ser detido […]

Mar 292013
 2013-03-29T15:36:32+00:00
Continua a colecta para arranxar a tumba das Marías

Distintas asociacións continuamos a traballar conxuntamente para dignificar o último lugar de repouso das dúas Marías O mércores 27 de marzo pasamos polo cemiterio de Boisaca representantes da Agrupación Cultural O Galo, do Ateneo de Santiago e da Asociación de Marmoristas de Galicia, ademáis do arquitecto e o escultor encargados do boceto de proxecto, para […]

Xul 202011
 2011-07-20T11:48:14+00:00

Deixámosvos agora unha galería de fotos da exposición de estampas de Castelao que  a nosa asociación organizou na Praza do Toural de Santiago de Compostela. Coincidindo cos 75 anos do inicio do levantamento militar fascista, O Galo quixo lembrar e estar ao carón das persoas oprimidas, e denunciar aos opresores, herdeiros dos fascistas de antes […]

Homenaxe Popular ás Irmás Fandiño

 Posted by at 18:55 on 14/07/2011  Actividades, Historia
Xul 142011
 2011-07-14T18:55:47+00:00
Homenaxe Popular ás Irmás Fandiño

O GALO SÚMASE Á HOMENAXE POPULAR ÁS IRMÁS FANDIÑO O acto terá lugar na Segunda Feira (Luns) ás dúas en punto no monumento que teñen na Alameda. O día 18 de xullo de 2011 conmemórase infelizmente o 75 aniversario do levantamento militar fascista de 1936. Dentro da intra-historia compostelá brilan con luces de cor as […]